Wednesday 24 de April de 2024

A costa libre de Oleiros declarada novamente sendeiro azul europeo


O Concello de Oleiros volverá recibir o galardón que recoñece a costa do municipio como sendeiro azul europeo. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral fai posible este importante recoñecemento.

A entidade europea ADEAC, que entrega estes prestixiosos galardóns; analiza a preservación e mellora das condicións ambientais existentes, a seguridade e facilidade de uso para os visitantes, e unha xestión integrada e coherente dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos que conforman o noso patrimonio litoral. A costa de Oleiros, desde a ría da Pasaxe ata Lorbé, cumpre claramente con todos estes criterios de valoración.